Wednesday 15 de May de 2024

O BNG propon alternativas ante as restriccions de máis de 10h para que os veciños accedan aos seus garaxes


Veciñanza de rúas situadas no centro urbano ribeirense como a Lustres Rivas, Alcalá Galiano, Campo de Marte, rúa de Lugo ou Rosalía de Castro mostran o malestar ante as restricións de acceso a garaxes que impón o goberno local para celebrar a Feira Artemar.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, atendeu algunhas veciñas e veciños as queixas e demanda que o goberno ribeirense adopte algunha solución e “busque alternativas que non pasen por prohibirlle á xente entrar no seu garaxe durante dez horas ao día”. Barral argumenta que calquera persoa entende que a celebración de feiras e eventos pode ocasionar algúns pequenos trastornos, mais “non se entenden unhas restricións tan excesivas durante catro días e nun horario tan amplo xa que as restricións establécense de 11:00h a 15:00h e de 18:00h até a media noite”.

A formación nacionalista cre que estas prohibicións son consecuencia da falta de planificación que existe nos eventos que se realizan na vila. “Onde vai deixar o seu coche a xente? É unha xestión nefasta porque están ocasionando molestias inncesarias e provocan un caos no tráfico cando non hai necesidade”.

O BNG propón ofrecer alternativas gratuítas e estender a feira

Barral cre que en vez de acumular todo nas rúas do centro e bloquear os garaxes, a feira podería estenderse a barrios historicamente discriminados como Banda ó Río ou o Parque García Bayón. “Parece que hai barrios que non son de Ribeira porque nunca acollen eventos e todo se fai no centro, no BNG apostamos por xeara é preciso dinamizalos xerando dinamismo económico e social”. Por último, reclaman que cando se teñan que realizar restricións tan longas no tempo, se habiliten alternativas gratuítas.